2016 APRIL | IV Curso Internacional de Oculoplástica | Vigo

Un cento de oftalmólogos de distintos puntos de España e Portugal reuníronse esta fin de semana en Vigo nun curso internacional de oculoplástica. Esta subespecialidade da oftalmoloxía corrixe problemas funcionais e estéticos no contorno do ollo.

Traumas arredor dos ollos, pálpebras caídas, ollos que saen das órbitas por enfermidade tiroidea e lacrimais que funcionan mal son algunhas das afeccións que trata a oculoplástica. Máis dun cento de oftalmólogos acudiron a Vigo a un curso sobre esta subespecialidade da oftalmoloxía que trouxo expertos desde Brasil, Arabia Saudita ou Porto Rico, como o doutor José Raúl Montes, especialista en Cirurxía oculofacial e rexuvenecemento estético.

vigo2

«É a subespecialidade médica en que o balance entre o funcional e o estético está no equilibrio máis perfecto», di o especialista portorriqueño. As técnicas neste campo evolucionan rápido, dalas a coñecer e facer máis visible esta ciencia médica son os obxectivos principais de cursos coma este. «Somos moi poucos, na asociación española de cirurxía plástica ocular estamos arredor de 300 oculoplásticos, pero os oftalmólogos novos tratamos de darlle visibilidade e que se coñezan as enfermidades que podemos tratar e mellorar», explica Yelena Muíños, coordinadora do curso. Os participantes no curso tiveron a oportunidade de ver en directo varias intervencións realizadas polos relatores.

vigo

Open chat
1
Write to us now!
Escanea el código
Can we help you?
Call now!